Ir ao contido principal

Fosas: Plan Cuadrienal (2021-2024)

O Plan Cuadrienal (2021-2024) traballa para buscar, identificar e exhumar a persoas desaparecidas durante a Guerra Civil ou a represión política posterior.

Intervencións

  • Fosa en cemiterio

    Fosa común. Cemiterio de Rubiáns - Vilagarcía de Arousa

    A fosa común do cemiterio de Rubiáns acolleu os cadáveres de 12 vítimas da violencia tras o golpe de Estado (a memoria oral indicaba a existencia de 17 vítimas), asasinados entre novembro de 1936 e novembro de 1937. 10 homes e 2 mulleres, veciños de Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Barros e Illa de Arousa, algúns deles militantes da CNT e a UXT.
  • Fosa en cemiterio

    Fosa de San Pedro de Filgueira - Crecente

    Tras unha intervención feita en 2011 no cemiterio, que non ofreceu resultados positivos na busca dos restos de César Alberte Domínguez, asasinado en Castrelo de Miño en 1936, novas informacións permitiron localizar unha nova fosa no adro da igrexa.
  • Fosa en cemiterio

    Fosa do cemiterio de Santa Eulalia de Vilacoba - Lousame

    Intervención da fosa do antigo cemiterio de Vilacoba na que, segundo estudos previos, foron inhumadas varias vítimas da violencia golpista e da retagarda de 1936. Entre elas buscabamos a Manuel García Hermo (por petición da familia), pero tamén obtivemos indicios de que Perfecto e Antonio Vilas Romero, xunto con María Josefa Becerra Laíño (coñecida como "Mari Pepa") e Avelino Méndez Suárez (coñecido como "El Asturiano") puideran estar enterrados alí. Todos eles foron paseados en diferentes momentos entre 1936 e 1939 e unicamente topamos restos de un individuo que, por idade e circunstancias da morte, puidese ser identificado como Manuel García (pendentes dos resultados da análise forense e xenética).
  • Fosa en cemiterio

    Fosa do cemiterio da Capela - A Capela

    Os estudos previos, a pesar de constatar a existencia da fosa, non lograron concluír a súa localización exacta. Así, abordáronse diferentes estratexias de intervención arqueolóxica, por un lado, o mapeo de toda a superficie do antigo cemiterio (civil e eclesiástico) con xeo-radar e, por outro, dúas sondaxes en diferentes áreas, ambas con resultados negativos.
  • Fosa en cemiterio

    Fosa do cemiterio de San Breixo - Celanova

    Excavación da fosa e inhumación dos restos compatibles coa identificación das sete persoas que buscamos (pendentes dos resultados da análise forense e xenética). Trátase dun grupo con certas características comúns, todos eles eran veciños de Gijón, condenados a pena de morte tras ser capturados no mar, xulgados en Camposantos e trasladados á prisión de Celanova