Fosa de San Miguel de Cabreira Fosa en cemiterio
A fosa do cemiterio de San Miguel de Cabreira estaba rexistrada previamente á investigación no proxecto Nomes e Voces, dentro do marco do Plan de Memoria Democrática en Galicia (2021-2024). As informacións previas á investigación presente, motivada polas peticións da da sección de Memoria Histórica de Salvaterra do Miño e de Xosé Novas Piñeiro, tradúcense na existencia dun lugar de enterramento de 5 vítimas da violencia de 1936 con identidade descoñecida.

Investigación histórica
A fosa común de San Miguel de Cabreira foi intervida os días 18 e 29 de novembro de 2024 para procurar os restos das cinco persoas que foran inscritas como «descoñecidas» no rexistro civil de defuncións. Porén, os resultados da exhumación revelaron a aparición de catro dos cinco restos xunto cunha cova baleira.
A investigación histórica levada a cabo polo grupo Histagra da Universidade de Santiago de Compostela partiu da demanda da sección de Memoria Histórica de Salvaterra do Miño, integrada hoxe en día na Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña; máis do contacto de Xosé Novas Piñeiro, involucrado nas pescudas sobre a violencia de 1936 e a memoria democrática no concello de Bueu e a comarca do Morrazo.

Investigación arqueolóxica
Logo da investigación histórica realizáronse dúas intervencións arqueolóxicas. Por un lado, na primeira sondaxe foron localizados dous enterramentos, en caixas de madeira que se deron en chamar Individuo 1 e Individuo 2. Na segunda ampliación foron localizados os Individuos 3 e 4. Cara o E da sondaxe entre os individuos 1 e 2 e os Individuos 3 e 4, localízase unha foxa que se atopaba reenchida con material descontextualizado. Esta foxa valeira, tanto pola súa orientación, coma pola súa forma, así como a localización entre os dous grupos de enterramentos, fai pensar que se trata de unha exhumación de un quinto individuo.
Os restos exhumados foron trasladados a Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto Legal de Galicia, coa finalidade de sometelos ás analíticas pertinentes a efectos de identificar se pertencen ou non a represaliados, e de ser o caso, poñer os restos a disposición dos seus familiares. De seres negativos os resultados xenéticos e forenses, procederase a devolución dos restos ao lugar do que foron exhumados.

Acción de memorialización das vítimas e do espazo
Ficha técnica
Localización
- Localidade
- Cabreira
- Concello
- Salvaterra de Miño
- Provincia
- Pontevedra
- Outras referencias
- A localización da fosa está no adro da Igrexa
Características
- Nº persoas enterradas
- 5
Todos eles constan como "descoñecidos" no rexistro civil de defunción - Tipoloxía do asasinato
- "Paseo"
- Cronoloxía
- 1936
Estado
- Intervención
- Non
- Data da intervención
- 2024
- Entidade promotora
- Secretaría de Estado de Memoria Democrática; Xunta de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela
- Propiedade do terreo
- Eclesiástica
- Memorialización e sinalización
- Trátase dunha fosa memorializada recentemente na que teñen lugar diferentes actos de conmemoración. O último deles tivo luagr o pasado 22 de outubro de 2023 con motivo da inauguración dun monolito de pedra e a plantación dunha oliveira, en homenaxe e recordo das vítimas enterradas en Cabreira.
Fontes
Arquivo
- Rexistro civil de defunción do xulgado de Salvaterra de Miño, entradas nº 124, 125, 126, 127 e 128
- Ficha persoal do "descoñecido 1" en Nomes e Voces
- Ficha persoal do "descoñecido 2" en Nomes e Voces
- Ficha persoal do "descoñecido 3" en Nomes e Voces
- Ficha persoal do "descoñecido 4" en Nomes e Voces
- Ficha persoal do "descoñecido 5" en Nomes e Voces
- Libro rexistro de nacementos, tomo 33 (1903) en Xulgado de Paz de Moaña
- Libro rexistro de nacementos, tomo 34 (1904) en Xulgado de Paz de Moaña
- Libro rexistro de nacementos, tomo 35 (1905) en Xulgado de Paz de Moaña
- Libro rexistro de nacementos, tomo 40 (1910) en Xulgado de Paz de Moaña
- Libro rexistro de nacementos, tomo 44 (1914) en Xulgado de Paz de Moaña
- Libro rexistro de matrimonios, tomo 48
- Libro rexistro de defuncións, tomo 53 (1935-1937)
- Libro rexistro de defuncións, tomo 54 (8/7/1937-1/8/1939)
- Libro rexistro de defuncións, tomo 70
Bibliografía
Amoedo López, Gonzalo e Gil Moure, Roberto, Episodios do terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón, Vigo: Edicións Xerais, 2006.
Dasairas Valsa, Xerardo, “Cronoloxía da represión en cangas do Morrazo”, en VVAA., A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria, Narón, decembro 2003, Ferrol: Edicións Embora, 2005: 663-676.
Fernández Prieto, Lourenzo e Míguez Macho, Antonio, Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo, Vigo: Galaxia, 2018.
Fernández, Eliseo e Pereira, Dionisio, “A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra”, en VVAA., A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria, Narón, decembro 2003, Ferrol: Edicións Embora, 2005: 399-426.
González Fernández, Xoán Miguel e Villaverde Román, Xosé Carlos, Moaña nos anos vermellos. Conflictividade social e política nun concello agrario e mariñeiro (1930-1937), Sada: Edicios do Castro, 1999.
Nores Soliño, Antonio e Santos Castroviejo, Iago, “Mortos, presos fuxidos e desertores en Cangas (Pontevedra) na retagarda”, en VVAA, A represión franquista en Galicia. Actas do Congreso da Memoria, Narón, decembro 2003, Ferrol: Edicións Embora, 2005: 665-676.
Pereira, Dionisio, Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), Vigo: Edicións Xerais, 2010.
Pérez Álvarez, Luis, Memorias. Mi testamento humano y social, Madrid: Corsarias, 2015.
Rodríguez Gallardo, Ángel, O ruído da morte. A represión franquista en Ponteareas (1936-1939), Sada: Ediciós do Castro, 2006.
Hemeroteca
- “Unha investigación busca determinar se cinco homes executados en Salvaterra eran veciños de Moaña”, Siradio, 23/10/2023.
- Ángel López Méndez, “Sobre os cinco descoñecidos soterrados en Cabreira”, A Nova Pereira, 5/2/2024.
- Base de datos de Nomes e Voces
- Hemeroteca de La Voz de Galicia
- Biblioteca Virtual de Prensa Histórica
- Hemeroteca Digital. Biblioteca Nacional de España
- Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia-Hemeroteca
- Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia
- Xosé Ramón Paz Antón, “A de Cabreira e as demais fosas do franquismo no sur da provincia de Pontevedra”, decembro de 2022.