Ir ao contido principal

Fosa do cemiterio de Sta. Mª A Maior do Val Fosa en cemiterio

As últimas investigacións (feitas co apoio da Asociación de Memoria Democrática de Ferrol) identifican, como mínimo, 51 persoas que foron inhumadas en diferentes fosas no cemiterio do Val, entre 1936 e 1938 (a gran maioría mariñeiros, suboficiais e oficiais de distintas embarcacións como o vapor Domine ou o Acorazado España). Trátase dunha das fosas mais grandes de Galicia, vinculada co Golpe en Ferrol e na súa contorna, como capital do departamento marítimo do Norte, un punto estratéxico para os golpistas.

Ver no mapa

Investigación histórica

A investigación histórica realizada polo grupo Histagra (co apoio da Asociación de Memoria Democrática de Ferrol) apunta un mínimo de 51 vítimas da violencia golpista, enterradas no cemiterio do Val. Todas elas tiñan entre 18 e 43 anos e ao redor dun 63% naceran en Galicia, e un 70% eran veciños dalgún concello galego, no momento da súa morte. Na maioría dos casos eran mariños, oficiciais e suboficiais da Armada que foron executados tras recibir a sentencia a pena de morte nun xuízo militar. Foron asasinados en diferentes datas, o que significa que puideran existir diferentes fosas, tendo constancia da existencia de movementos de corpos durante o franquismo. Isto significa que posiblemente estemos diante dunha/s fosa/s alteradas, e segundo os testemuños orais, afectada pola construcción duns nichos nos anos sesenta. Estamos diante dunha das maiores fosas galegas, tras as localizadas nas cabeceiras de provincia e algunha das grandes cidades. 

Investigación arqueolóxica

O traballo en campo desenvolto por "Tempos Arqueólogos" desenvolveuse en varias fases, en función do avance e das propias circunstancias da investigación. Nun primeiro lugar, levouse a cabo a prospección con xeorradar do terreo para tratar de localizar indicios sobre a ubicación da fosa. Posteriormente, interviuse nun nicho particular, tras recibir información sobre o posible traslado dos restos da fosa. Finalmente, realizaronse catas en diferentes áreas do cemiterio para obter referencias sobre a fosa. Debido ás particularidades da/s fosa/s do Val, o noso horizonte foi atopar a fosa, ver o seu estado, as súas dimensións e a viabilidade de exhumación para poder planificar unha nova abordaxe nun futuro próximo.

Análise forense

Ata o momento, a análise forense centrouse en dúas cuestións. Por un lado, estudar in situ os restos óseos retirados do nicho privado, que non se corresponden coas persoas que buscamos. Por outro, en analizar, tamén in situ, mentres se realizaron as catas arqueolóxicas, os restos que foron aparecendo en contextos de revolto e posicións secundarias. Ata o momento, non se realizou ningunha exhumación de ningún corpo, unicamente se tratou de descartar os restos que foron aparecendo na busca da/s fosa/s relacionada coa violencia golpista de 1936

Ficha técnica

Localización

Localidade
O Val
Concello
Narón
Provincia
A Coruña

Características

Nº persoas enterradas
51
Tipoloxía do asasinato
Execución e "paseo"
Cronoloxía
1936-1938

Estado

Intervención
Si, parcial
Data da intervención
2023
Entidade promotora
Secretaría de Estado de Memoria Democrática, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela
Propiedade do terreo
Eclesiástica
Memorialización e sinalización
Si, grazas á Asociación Cultural Memoria HIstórica Democrática. Colocaron un monumento e realizaron diferentes homenaxes ás vítimas
Outras observacións
No ano 2023 pasouse o xeorradar e fixéronse catas co obxectivo de localizar a fosa

Fontes

Arquivo

Unha selección, para máis información, consultar o informe histórico:

Bibliografía

  • Aguilar Fernández, Paloma e Payne, Leigh A., El resurgir del pasado en España. Fosas de víctimas y confesiones de verdugos, Madrid: Taurus, 2018.
  • Anca Alamillo, Alejandri, Los diques de Ferrolterra, Ferrol: Club de Prensa de Ferrol, 2005.
  • Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática (ed.), A II República e a guerra civil. Actas do II Congreso da Memoria, Culleredo, decembro de 2005, Ferrol: Edicións Embora, 2006.
  • Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática (ed.), A represión fraquista en Gaicia. Actas do Congreso da Memoria, Narón, decembro de 2003, Ferrol: Edicións Embora, 2005.
  • Babiano, J; Gómez Bravo, G.; Míguez Macho, A e Tébar, J., Verdugos impunes. El franquismo y la violación sistemática de los derechos humanos, Barcelona: Pasado y Presente, 2018.
  • Barrera Beitia, Enrique, Ferrol, 1931-1952. De la República a la posguerra, Ferrol: Edicións Embora, 2005.
  • Buxeiro Alonso, Xabier, “Paseos, execucións e outros asasinatos. A organización e posta en marcha da maquinaria de exterminio golpista en Galiza”, en Lisandro Cañón e César Manuel Román (comp.), Estado de excepción e terrorismo de Estado, Córdoba: Lago Editora, 2020: pá111-140.
  • Cabana Iglesia, Ana, “Franquistas, antifranquistas y todos los demás. La enorme paleta de grises del consentimiento en la Galicia rural”, en Julio Prada (dir.), No sólo represión. La construcción del franquismo en Galicia, Madrid: Biblioteca Nueva, 2024: páxs. 89-105.
  • De Juana López, Jesús e Prada Rodríguez, Julio (ed.), Lo que han hecho en Galicia. Violencia, represión y exilio (1936-1939), Barcelona, Crítica, 2006.
  • Del Arco Blanco, Miguel Ángel e Anderson, Peter, Lidiando con el pasado. Represión y memoria de la guerra civil y el franquismo, Granada: Comares, 2014.
  • Fernández Fernández, Eliseo, “A Delegación de Orden Público e a administración do terror en Ferrol (1936)”, en VV.AA., Os nomes do terror: Galiza, 1936, os verdugos que nunca existiron, A Coruña: Sermos Galiza, 2017: páxs. 81-98.
  • Fernández Fernández, Eliseo; Oia, Víctor e Pereira, Dionisio, “Escenarios de loita de clases e represión franquista na Galiza urbana: os casos de Coruña, Ferrol e Vigo”, Murguía: revista galega de historia, nº 31 (2015), páxs. 13-44.
  • Fernández Prieto, Lourenzo e Míguez Macho, Antonio (eds.), Golpistas e verdugos de 1936. Historia dun pasado incómodo. Vigo: Galaxia, 2018.
  • Grandío Seoane, Emilio, Anos de odio: golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939), A Coruña: Deputación Provincial da Coruña, 2007.
  • López Sánchez, Conchi, O golpe de Estado, as persecucións e a retagarda na guerra civil española: as actitudes sociais en Galicia (1936-1939), tese de doutoramento, Universidade de Santiago de Compostela, 2012.
  • Máiz Vázquez, Bernardo, “A represión na Galiza, 1936-1976: contra a historia ensimismada”, en Uxío-Breogán Diéguez (coord..), A Galiza de Bóveda: actas do congreso, 2003, Vigo: Universidade de Vigo, 2009: páxs. 241-260.
  • Míguez Macho, Antonio, “Un pasado negado. Lugares de violencia y lugares de memoria del golpe, la guerra civil y el franquismo”, Confluenze: Rivista di Studi Ibeoroamericano, vol. 10, nº 2, 2018, páxs. 127-151.
  • Míguez Macho, Antonio, Genealogía genocida del franquismo. Violencia, memoria e impunidad, Madrid: Abada Editores, 2014.
  • Suárez, Xosé Manuel, Guerra Civil e represión en Ferrol e comarca, Ferrol: concello de Ferrol, 2002.
  • Suárez, Xosé Manuel, Crónica negra de la Marina Española, Ferrol, 1936-1939, 2018

Hemeroteca