Ir ao contido principal

Fosa do cemiterio de S. Salvador de Trasanquelos Fosa en cemiterio

As fontes históricas apuntan que no cemiterio de Trasanquelos foron enterradas dúas vítimas da violencia golpista de 1936, Rafael Fernández (mestre) e Juan Torreiro (constructor). Ambos foron asasinados na volta do Murallón, na antiga estrada Betanzos-Curtis e posteriormente, foron trasladados ao cemiterio mais próximo. 

Ver en el mapa

Investigación histórica

A investigación histórica levada a cabo polo grupo Histagra comezou tras a petición de Orientado Fernández para buscar a seu pai, Rafael Fernández Casas, mestre, de 35 anos, "paseado" o 20 de agosto de 1936, no km. 47 da estrada Golada-Betanzos. Esta concluíu que fora asasinado xunto a Juan Torreiro Seoane, carpinteiro-mestre de obra, de 39 anos e veciño de Bergondo. Ambos foron enterrados no cemiterio de San Salvador de Trasanquelos e, a pesar de ser inscritos inicialmente como falecidos anónimos, posteriormente serían recoñecidos polos seus familiares. A investigación sobre a lozalización da fosa foi complexa, precisamente, este tipo de crimes coñecidos popularmente como "paseos", non adoitaron deixar pegadas documentais sobre a súa trazabilidade violenta. A memoria oral coincidía en situala na parte posterior do adro da Igrexa e unha fotografía familiar da fosa, a única que se coñece actualmente en Galicia, axudou a afinar dita localización

Investigación arqueolóxica

Os traballos en campo executados por "Tempos Arqueólogos" abordaron dúas sondaxes, unha delas ao este, detrás da igrexa (sondaxe 100) e oitra, no lateral N do templo (sondaxe 200). O primeiro deles tivo unhas dimensións de 3x3 m e nel apareceron restos de lixo, restos óseos illados (sen conexión e revoltos), restos de tella, anacos de ladrillo alveolar e frafmentos de vidro. Posteriormente atopáronse tres fosas con diferentes restos óseos, algúns en posición primaria, pero o antropólogo forense descartou que puidesen asociarse ás persoas que buscabamos. O sector 200 tivo unha planta irregular para evitar danar os enterramentos circundantes, medindo aproximadamente, 1 m de ancho por 3,80 m de largo. A pouca potencia apareceron restos de tellas, flores sintéticas, vidros e restos óseos en posición secundaria (revolto). Destacan un conxunto de ósos longos e dous cranios en posición secundaria, sendo compatibles, segundo o antropólogo forense coas persoas que buscabamos e, al menos un deles, con posibles danos compatibles cunha morte violenta.

Análise forense

O traballo forense iníciase en campo, da man dos arqueólogos. No sector 100 aparecen fragmentos óseos de individuos perinatais, infantís e adultos, todos eles descontextualizados, sen obxectos asociados e sen sinais de morte violenta. No relativo ao sector 200,  a poucos centímetros aparecen bolsas de ósos descontextualizados e 3 cranios na zona oeste. Dous deles presentan posibles sinais de morte violenta compatible con disparos de arma de fogo: un deles presenta un orificio lateral dereito, liña de fractura que atravesa cara o temporal esquerdo con perda de substancia parietal dereita; o outro, amosa estalido cranial con fragmentación occipito-parietal. Foron retirados e trasladados ao laboratorio para o seu posterior análise.

Posteriormente, atopáronse restos óseos descontextualizados que foron descartados en campo por tratarse de mulleres ou individuos xóvenes. Ademais, topámonos cun individuo en posición primaria que conserva botóns a zona da pelvis, calcetis e botas pero polo tipo de indumetaria, foi asociado a un enterramentos dos anos cincuenta. En campo, estudouse o cranio, presentando unha lesión compatible con metástase carcinomatosa. Atopáronse dous individuos mais, un deles nun ataude moderno, e o restante, asociado a unha muller pero o cranio presenta algúns rasgos masculinos, non obstante, ao non presentar sinais de morte violenta, descártase a súa exhumació

Análise xenética

Na actualidade o equipo de Xenética do Instituto de Ciencias Forenses "Luís Concheiro" (INCIFOR) da Universidade de Santiago de Compostela, está analizando os restos óseos para poder extraer mostras de ADN e contrastalas coas mostras de referencia dos familiares de Rafael Fernández e Juan Torreiro.

Ficha técnica

Localización

Localidade
Trasanquelos
Concello
Oza-Cesuras
Provincia
A Coruña

Características

Nº persoas enterradas
2
Rafael Fernández Casas
Juan Torreiro Seoane
Tipoloxía do asasinato
"paseo"
Cronoloxía
1936

Estado

Intervención
Si
Data da intervención
2023
Entidade promotora
Secretaría de Estado de Memoria Democrática; Xunta de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela
Propiedade do terreo
Eclesiástica
Memorialización e sinalización
Non

Fuentes

Archivo

  • Archivo General de la Administración, expediente de depuración de Rafael Fernánde Casas, sin. 32-1213-00034.
  • Arquivo do Reino de Galicia (ARG), fondo do goberno civil, sin. G-2552.
  • ARG, Causa do Xulgado de Betanzos sobre achado dos cadáveres de Rafael Fernández Casas e Juan Torreiro Seoane, na estrada da Golada a Betanzos, na parroquia de Trasanquelos, sin. 15504 107.
  • Ficha persoal de Rafael Fernádez Casas en Nomes e Voces
  • Ficha persoal de Juan Torreiro Seoane en Nomes e Voces
  • Terra e Memoria, entrevistas nº 102, 180 e 2001.
  • Arquivo Histórico Universitario, Expediente académico de Rafael Fernández Casas, caixa 285.
  • Centro Documental de la Memoria Histórica, Tribunal Especial para la Represión de la Masonería y el Comunismo, sin. 1262.
  • Concello de Cesuras, rexistro civil de defuncións (1936-1939).
  • Concello de Cesuras, Licenzas urbanísticas-Expediente 40/2011.
  • Rexistro Civil de Bergondo, certificado literal de nacemento de Juan Torreiro Seoane, tomo 20, folio 179, sección 1ª.
  • Arquivo Parroquial de Divino Salvador de Trasanquelos, Libro Parroquial de Difuntos (1938-2001).

Bibliografía

  • Actas do Congreso da Memoria (2003); A represión franquista en Galicia, Narón, páx. 250.
  • Abel López Soto e Manuel Pérez Lorenzo, “Rafael Fernández Casas. Maxisterio e asesinato do Mestre do Souto”, Cadernos de Estudos Locais, nº 37 (novembro 2021), Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
  • E. Castro Fustes (2017), “Rafael Fernández Casas. Un maxisterio do compromiso e paixón en terras de Ortegal”, Terras do Ortegal. Revista de Estudos Locais, nº 4, Ortigueira: Asociación terras do Ortegal.
  • X. González Gómez (2021), “As lembranzas do neno Fernández Casas”
  • M. Pérez Lorenzo (2010), “O Ateneo de Cultura Política y Social de Sada: unha experiencia societaria na Sada da II República”, Cadernos de Estudos Locais, nº 1, Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
  • M. Pérez Lorenzo (2019), “Asociacionismo cultural e recreativo en Sada no primeiro terzo do século XX (V)”, Areal. Revista Cultural de Sada, nº 19,  Sada: Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
  • A. Santalla López (2001), “Rafael Fernández Casas, Mestre mártir galleguista, Mestre republicano, escritor e xornalista comprometido”, Idea. Intercambio de experiencias de aula, nº 7, Ferrol: Centro de Formación e Recursos da Consellería de Educación.
  • A. Santalla López (2005), “A depuración do Maxisterio e a educación pública en Galicia: 1936-1961”, en A represión franquista en Galicia. Actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria, Narón, 4 a 7 decembro de 2003, Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.
  • J. J. Suárez Sandomingo (2012), “Rafael Fernández Casas, un maestro laico e innovador”