Ir ao contido principal

Fosa de San Pedro do Castro Fosa en cemiterio

A petición do seu fillo menor, iniciamos a busca dos restos de Anuncia Casado Atanes, torturada e asasinada polos golpistas en agosto de 1936, na curva das Revendeitas. Posteriormente sería inhumada no cemiterio mais próximo, no Castro, na parroquia de Pexeiros. Un elenco de diversas fontes orientaron a localización da fosa, espazo memorializado con anterioridade gracias ás accións da Asociación dos Torgueiros e da veciñanza do lugar. 

Ver en el mapa
Intervención no cemiterio do Castro en 2023

Investigación histórica

A investigación histórica levada a cabo polo grupo Histagra sinala que o cadáver de Anuncia Casado Atanes, foi enterrado no cemiterio do Castro, na parroquia de Pexeiros (Viana do Bolo), tras ser perseguida, torturada e asasinada o 21 de agosto de 1936. Anuncia forma parte dese 4% do total de mulleres rexistradas na base de datos de Nomes e Voces, como vítima da violencia golpista entre 1936 e 1939 en Galicia. Era veciña de San Mamede (Viana do Bolo), tiña 38 anos, vivía do campo e deixaba catro fillos. O seu cadáver estivo cinco días á intemperie na leira de Gracinda, na curva das Revendeitas,  ata que seu irmán foi avisado e preséntase ante as autoridades. De forma inmediata, un xuíz e un médico preséntanse diane do corpo e levantana acta de defunción e de enterramento. Traballouse con diferentes fontes, sendo especialmente útil as dilixencias instruídas polo xulgado sobre a aparición do cadáver; así como as fontes orais, que deron conta da evolución dos enterramentos durante a segunda metade do século XX nun cemiterio tan pequeno como o do Castro. A modo de conclusión, a investigación tratou de reconstruír a trazabilidade violenta de Anuncia e afondar na localización espacial do seu enterramento para poder recuperalo e atender a demanda efectuada polo seu fillo, Wladimiro.

Investigación arqueolóxica

A intervención arqueolóxica foi levada a cabo por "Tempos Arqueólogos". No espazo no que se traballou trataron de localizar un determinado tipo de enterramento, entendido como irregular. Isto está directamente relacionado coa morte de Anuncia, catalogada comúnmente como un "paseo" e que condiciona en gran medida a súa morfoloxía. A sondaxe realizada tivo unhas dimensións de 1 x 2,10 m, na que non se atoparon restos en posición primaria asociados con Anuncia. O que si apareceron foron restos óseos descontextualizados dun recheo que non se puideron descartar in situ, polo que foron trasladados ao laboratorio forense. Ademais, tamén se detectaron cadaleitos de enterramentos posteriores, que non foron alterados pero dan información acerca da reutilización do espazo. Ao remate dos traballos, tapouse, devolvendo o cemiterio ao seu estado orixinal, dentro do posible.

Análise forense

O estudo dos restos óseos e dos obxectos asociados no laboratorio forense sinalou que:

1) zapato masculino que corresponde cunha talla 36 francesa, de tipo Oxford, artesán, de outono-inverno, da clase subpala que en españa se popularizou a finais dos anos vinte ata a década dos anos cincuenta.

2) diferentes fragmentos de ósos deteriorados e degradados nos que resulta moi complicado determinar a idade e o sexo. Algúns casos nos que se puido afinar, foron unha clavícula, unha escápula e un coxal nas que as estimacións sobre o sexo indican feminino. Ademais, varios fragmentos dun cráneo nos que non se atopan signos de violencia. En liñas xerais, fálse dun mínimo de tres individuos, dous homes e unha muller.

Análise xenética

Actualmente están sendo analizados os restos procedentes da exhumación coas mostras de referencia dos familiares.

Ficha técnica

Localización

Localidade
O Castro
Concello
Viana do Bolo
Provincia
Ourense

Características

Nº persoas enterradas
1
Anuncia Casado Atanes
Tipoloxía do asasinato
"Paseo" (na curva das Revendeitas, na leira da Gracinda)
Cronoloxía
1936

Estado

Intervención
Si
Data da intervención
2023
Entidade promotora
Secretaría de Estado de Memoria Democrática; Xunta de Galicia e Universidade de Santiago de Compostela
Propiedade do terreo
Eclesiástica
Memorialización e sinalización
Si, dende 2022
Outras observacións
A primeira homenaxe tivo lugar no ano 2022 grazas á iniciativa da asociación dos Torgueiros e á participación de veciñas e veciños do lugar que sufragaron a placa na súa honra

Fuentes

Archivo

  • Terra e Memoria, entrevistas nº 166, 169, 174, 254 e 255.
  • Rexistro Civil de Viana do Bolo: certificación literal de Inscrición de Defunción de Anunciación Casado Atanes; certificación literal de Inscrición de Matrimonio e Anuncia Casado Atanes e Eduardo García Domínguez e certificación literal de Acta de Matrimonio de Manuel Gómez del Valle e Flora García Casado
  • Rexistro Civil de Bilbao, certificación literal do rexistro de defunción de Flora García Casado
  • Arquivo Histórico Provincial de Ourense (AHPO), libro rexistro de entrada de presos, sin. L-2236
  • AHPO, Prisión Provincial de Ourense, Ficheito-Letra G
  • Arquivo Intermedio Militar del Noroeste (AIMNOR), praza de Ourense, Causa 123/36, contra Manuel Álvarez del Valle, caixa 12, nº de orde 95.
  • AIMNOR, Dilixencias previas, SN/1936, praza de Ourense, caixa 34, nº de orde 247.
  • Base de datos de presos subernativos da provincia de Ourense, facilitada por Julio Prada.
  • Ficha persoal de Anuncia Casado Atanes en Nomes e Voces.

Bibliografía

 

  • Aurora Marco, Dicionario de Mulleres galegas, Xunta de Galicia, 2007, páxs. 85
  • Dicionario biográfico de Galicia, vol. 1, Ir Indo Edicións, 2010-2011, páx. 198
  • Dionisio Pereira, “Alzamento fascista e represión no camiño de ferro Zzamora-Ourense: bisbarras de Monterrei, As Frieiras, As Portelas e Seabra”, A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico, nº 73 (2008), páxs. 13-38.
  • Dionisio Pereira, Sindicalistas e rebeldes, A Nosa Terra, Vigo, 1998.
  • Dionisio Pereira, “Limiar”, en A. Téllez, A guerrilla antifranquista de Mario de Langullo, O Pinche, Vigo, Promocións Culturais Galegas S.A., 2007.
  • Julio Prada, Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión, Sada, Edicios do Castro, 2004.
  • Julio Prada, As lapas da revolución. O outubro vermello en Ourense, Ourense, Obradoiro de Historia en Galicia, 2004.
  • María Victoria Martins Rodríguez, “Cárceles y mujeres en Galicia durante el franquismo”, Studia Histórica Historia Contemporánea, nº 29 (2011), páxs. 87-117.
  • Pilar Cagiao, Muller e emigración, Xunta de Galicia, 1997.
  • Santiago Álvarez, Memorias I. Recuerdos de infancia y de juventud (1920-1936), Sada, Edicios do Castro, 1985.
  • Xerardo Dasairas, Crónicas Rexiomontanas. Territorio e Historia na Comarca de Monterrei, Mancomunidade de Concellos da Comarca de Monterrei, 1999.
  • Xesús Alonso Montero, “Manuel Gómez del Valle, poeta. Comunista e mártir (1906-1936)”, Madrugal, nº 2 (1999), páxs. 21-29.
  • Xosé Manuel Cid Fernández, “A represión franquista en Ourense: novos argumentos contra a desmemoria da persecución sufrida polo maxisterio”, Sarmiento, nº 21 (2017), páxs. 73-79.