Ir ao contido principal

Onte deron comezo os traballos na fosa de Sta Mª do Val

A equipa do Plan de Memoria Democrática en Galicia leva dous días traballando na fosa do Val, na procura de información que permita confirmar a hipótese de localización da fosa, valorar a súa magnitude e determinar o seu grao de alteración. 

Os traballos comezaron o luns, 4 de novembro, ás 9 da mañá e alí se achegaron numerosas autoridades, veciños, membros da asociación de Memoria Democrática da comarca e os compañeiros de Lentes Diverxentes, aos que quixeramos agradecer a súa participación e colaboración. 

A intervención en curso abarca diferentes catas na zona frontal dos nichos localizados ao fondo da parte antiga do cemiterio e unha das esquinas laterais. Seguen a aparecer indicios que apoian a hipótese de localización da fosa nese lugar e falta por ver en que medida afectou a construcción dos nichos á súa integridade.