Fosas (2) de Filgueira Fosa en campo aberto
Investigación Histórica
En Nomes e Voces, están rexistradas dúas persoas anotadas como “descoñecidas” no rexistro de defuncións de Crecente, lugar del Filgueira. Ambas, foron inhumadas ao carón do río Miño, onde foran localizados os seus corpos. A evolución da canle do río, moito maior hoxe que na década de 1930 por mor da construción do encoro de Frieira a fins dos anos sesenta, así como a imposibilidade de saber con exactitude o lugar empregado para o enterramento destas persoas, fai inviable a súa exhumación.
Non obstante, hai que ter en conta dous factores a este respecto. O primeiro é que se realizaran máis asasinatos nun punto máis alto do curso do río, na provincia de Ourense, e que acabaran nun remanso próximo á zona de Filgueira, contemplando a posibilidade de que tamén seguiran o curso, non sendo atopados. O segundo, é que a aparición durante a intervención en San Pedro de Filgueira dunha cantidade maior de restos óseos -con posibles signos de violencia, á falta das probas forenses concluíntes-, revele que en efecto se puideron dar eses asasinatos e que, ademais, a cabeceira da igrexa de San Pedro de Filgueira se convertera nun lugar no que se realizaron diferentes enterramentos sen ningún tipo de rexistro ou control.
Fosa persoa 1
Descoñecido
Paseo
Home de 40 anos. Morto o 12 de setembro de 1936
Morte rexistrada na beira do río Miño en Filgueira-Crecente a causa de traumatismo por arma de fogo
Fosa persoa 2
Descoñecido
Paseo
Home de 30 anos. Morto o 30 de setembro de 1937
Morte rexistrada na beira do Miño en Filgueira-Crecente a causa de traumatismo.
Ficha técnica
Localización
- Localidade
- Filgueira
- Concello
- Crecente
- Provincia
- Pontevedra
- Outras referencias
- Trátanse de dúas fosas individuais ao carón do río Miño. Actualmente atópanse asolagadas debido ao incremento do caudal fluvial, polo que son irrecuperables.
Características
- Nº persoas enterradas
- 2
Ambas anotadas como descoñecidas no rexistro de defuncións do concello de Crecente. - Tipoloxía do asasinato
- Paseo
- Cronoloxía
- 1936, 1937
- Outras referencias
- Non existe posibilidade de intervención.
Estado
- Intervención
- Non
- Propiedade do terreo
- Pública
Fuentes
Archivo
- Rexistro de defunción das vítimas enterradas á beira do Miño, ambos inscritos sen nomes nin apelidos.
Hemeroteca
- «La Xunta confía la vuelta a las fosas a expertos en represión franquista, antropología y genética». El País, 21-09-2021.
- «El misterio de los muertos de Filgueira». Faro de Vigo, 29-09-2021.
- «En busca de un asesinado que trajo el río». La Voz de Galicia, 25-11-2021.
- «El meandro del río que rescataba muertos de la guerra». El País, 08-12-2021.