Ir ao contido principal

Fosa do cemiterio da Capela Fosa en cemiterio

Escavación na fosa cómun do cemiterio da Capela para localizar e identificar os restos das vítimas da violencia do golpe de Estado, da retagarda e da guerra civil de 1936. Temos constancia de que alí foron enterrados en agosto de 1936, Ramón Agras Fernández, Manuel Prado Allegue, Celestino Sardiña Navarro, Ramón Sardiña Navarro, Joaquín Antón Rodeiro, Francisco Guerreiro Guerreiro e Manuel Franco Bermúdez.

Ver en el mapa

Investigación histórica

A investigación histórica, levada a cabo polo grupo de investigación Histagra, tratou de coñecer o espazo de enterramento, as traxectorias vitais das vítimas (como parte da lóxica violenta do Golpe de 1936 e da guerra) e as circunstancias das súas mortes. Chegamos a coñecer as historias de Joaquín Antón Rodeiro, Francisco Guerreiro Guerreiro,  Manuel Franco Bermúdez, Ramón Agras Fernández, Manuel Prado Allegue e dos irmáns Sardiña Navarro (Celestino e Ramón). Todos eles foron asasinados cun día de difetencia no mes de agosto de 1936 e enterrados no cemiterio da Capela.  

 

Puidemos coñecer con bastante grao de detalle a historia do cemiterio ata o Golpe de 1936, grazas ao arquivo da asociación que xestiona o cemiterio. A partir deste punto e inflexión, apenas temos rastro da xestión do espazo e, menos aínda, da xestión das inhumacións e das exhumacións. A Igrexa pasou a xestionar este tipo de lugares cun manexo da información opaco que incluso, chega ata os nosos días. O cotexo de diferentes fontes permitiunos afondar no coñecemento dos "paseos": o rexistro civil permitiunos identificar a identidade das vítimas e o lugar de enterramento e a fonte oral ofreceu pistas moi interesantes sobre a posible localización dos corpos dentro do cemiterio. Con todo, o lugar exacto no que se localiza a/s fosa/s onde foron inhumados é, a día de hoxe, descoñecido, a pesar de barallar diferentes hipóteses e dos traballos arqueolóxicos levados a cabo a finais do 2022. 

Investigación arqueolóxica

Os datos achegados pola prospección xeo-radar a cargo de "Tempos Arqueólogos" amosan a complexidade da disposición do subsolo das áreas exploradas do cemiterio (antiga parte civil e eclesiástica). Isto dificulta a identificación de elementos compatibles cos enterramentos que buscamos. Detectáronse niveles de achegas de terras, reformas e renivelacións do terreo que fixeron desaparecer o trazado do andador de acceso ao cemiterio histórico, Ademais, constatáronse sinais compatibles con enterramentos e vasos funararios que puideron alterar o nivel de circulación dos anos. A maior profundidade si se atoparon outro tipo de estruturas, pero en principio non son coincidentes coas que buscamos. 

Ficha técnica

Localización

Localidade
A Capela
Concello
A Capela
Provincia
A Coruña

Características

Nº persoas enterradas
7
Francisco Guerreiro Guerreiro
Joaquín Antonio Rodeiro
Manuel Franco Bermúdez
Ramón Agras Fernández
Manuel Prado Allegue
Celestino Sardiña Navarro
Ramón Sardiña Navarro
Tipoloxía do asasinato
Paseo
Cronoloxía
1936
Outras referencias
Intervención previa no ano 2008 por parte da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, con resultados negativos

Estado

Intervención
Si
Data da intervención
2022
Entidade promotora
Secretaría de Estado de Memoria Democrática, Xunta de Galicia e Universidade De Santiago de Compostela
Propiedade do terreo
Veciñal
Memorialización e sinalización
Pendente, en estudo

Fuentes

Archivo

Bibliografía

  • Bernardo Máiz Vázquez, “Bandos e política no Pontedeume da Segunda República”, en Cátedra. Revista Eumesa de Estudios, nº 7 (2000), pp. 95-102.
  • Bernardo Máiz Vázquez, Resistencia, guerrilla e represión. Causas e consellos de Guerra. Ferrol, 1936-1954, Vigo: A Nosa Terra, 2004.
  • Carmen Otero Roberes e Juan J. Sobrino Ceballos, “26 de xullo en Pontedeume: os primeiros represaliados”, en Cadernos do Ateneo Eumés, nº 7 (2009), pp. 77-90.
  • Eliseo Fernández Fernández, “A Delegación de Orden Público e a administración do terror en Ferrol (1936)”, en Xosé Álvarez Castro et al., Os nomes do terror: Galiza, 1936, os verdugos que nunca existiron, Santiago de Compostela: Sermos Galiza, 2017, pp. 81-98.
  • Juan Carlos Vázquez Arias, “A guerra civil en Pontedeume a través do concello”, en Cadernos do Ateneo Eumés, nº 6 (2008), pp. 3-20.
  • Juan Carlos Vázquez Arias, “Dúas testemuñas da guerra civil en Pontedeume”, en Cadernos do Ateneo Eumés, nº 5 (2007), pp. 37-48.
  • Manuel Domínguez Ferro, “Resistencia e represión en Pontedeume (1936-1954”, en Xavier Brisset Martín (ed.), 150 anos dunha vila mariñeira: Pontedeume: 1865-2015, A Coruña: Deputación da Coruña, 2015, pp. 163-170.
  • Mario Valdivieso Mateo, “A noite cobreguea na Capela”, en A República e a Guerra Civil: actas dos traballos presentados no II Congreso da Memoria, Culleredo: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2006, pp. 423-446.
  • Mario Valdivieso Mateo, “Represión feixista na Capela”, Papeis Artabros, nº 2 (2004), pp. 197-228.
  • Rafael García Ferreira e Conchi López Sánchez, “A violencia no Golpe e na retagarda galega: o concello das Pontes (1936-1939)”, en Hume Historia: revista de estudios históricos locais, nº 13 (2020), pp. 9-63.
  • Roque Sanfiz Arias, “`Aficionados y amantes´. Introdución e desenvolvemento do deporte en Pontedeume (1910-1940), Cátedra. Revista de estudios (no prelo).
  • Sergio Guerra Vilaboy, “A represión fascista nas Pontes en 1936”, en Hume Historia: revista de estudios históricos locais, nº 7 (2014), pp. 12-54.
  • Xosé Manuel Suárez, Guerra civil e represión en Ferrol e comarca, Ferrol: concello de Ferrol, 2002.