Fosas: Plan Cuadrienal
O Plan Cuadrienal traballa para buscar, identificar e exhumar a persoas desaparecidas durante o golpe de Estado e a retagarda da Guerra Civil e na Ditadura en Galicia.
Intervencións
-
Fosa en cemiterio
Fosa do cemiterio de Rubiáns - Vilagarcía de Arousa
A fosa común do cemiterio de Rubiáns acolleu os cadáveres de 12 vítimas da violencia tras o golpe de Estado (a memoria oral indicaba a existencia de 17 vítimas), asasinados entre novembro de 1936 e novembro de 1937. 10 homes e 2 mulleres, veciños de Vilagarcía de Arousa, Vilanova, Barros e Illa de Arousa, algúns deles militantes da CNT e a UXT. -
Fosa en cemiterio
Fosa do cemiterio de S. Pedro de Filgueira - Crecente
Tras unha intervención feita en 2011 no cemiterio, que non ofreceu resultados positivos na busca dos restos de César Alberte Domínguez, asasinado en Castrelo de Miño en 1936, novas informacións permitiron localizar unha nova fosa no adro da igrexa. -
Fosa en campo aberto