Nomes e Voces recibe o Premio de Crítica de Galicia (Investigación en Ciencias Sociais e Humanidades, 2024)
O proxecto Nomes e Voces, tras case vinte anos dende os seus inicios, acaba de recibir tan prestixioso premio á súa traxectoria. O xurado destacou, entre varios logros, a valiosa recompilación de información, levada a cabo sobre as vítimas do Golpe, da GUerra e da Ditadura.
O sábado pasado, todo o equipo e colaboradores do proxecto interuniversitario Nomes e Voces, viron recoñecido o seu traballo no estudo da violencia golpista durante a Guerra e posguerra, así como, en ofrecer á sociedade os datos relativos ás persoas que sufriron algún tipo de persecución neste periodo. Esta tarefa abordouse dende a perspectiva da investigación histórica, como parte dun crecente interese da sociedade polo estudo da violencia franquista e as súas consecuencias. Este esforzo colectivo e interdisciplinar, no que participaron as tres universidades públicas galegas, así como numerosos colectivos e eprsoas a nivel particular, foi unha das cuestións que destacou o xurado.