Ir ao contido principal

Inauguramos o primeiro totem da Memoria Democrática, no cemiterio de Vilagarcía de Arousa

Coa colaboración do Concello de Vilagarcía e do Faiado da Memoria, colocamos a primeira das pezas, deseñadas por Uqui Permui e que recolleran o testemuño da memorializaciñon do I Plan Cuadrienal de Memoria Democrática en todas as fosas intervidas.

O xoves 18 de decembro, inauguramos na primeira fosa intervida no ano 2021 o primeiro Totem da Memoria a cargo do Plan Cuadrienal de Memoria Democrática, coa colaboración do Concello e do Faiado da Memoria. Xunto cos familiares das vítimas das matanzas do Golpe e da Guerra de 1936, as autoridades políticas, as veciñas e os veciños da contorna puidemos descubrir a peza, deseñada por Uqui Permui.