Ir ao contido principal

Fosa do cemiterio de San Francisco, Ourense Fosa en cemiterio

Ficha técnica

Localización

Localidade
Ourense
Concello
Ourense
Provincia
Ourense

Características

Nº persoas enterradas
Como mínimo 141
Tipoloxía do asasinato
Paseo, execución
Cronoloxía
1936-1951

Estado

Intervención
Non
Propiedade do terreo
Municipal
Memorialización e sinalización
No cemiterio municpal de Ourense realizáronse enterramentos de vítimas desde 1936 até 1951. O espazo está memorializado cun monumento de suscripción popular inaugurado en 2005 pola Asociación de Amigos da República. A autoría é dos arquitectos Alfredo Freixedo Alemparte e Pedro Diéguez Iglesias coa colaboración de Xoán Antón Vázquez Casas (no desenvolvemento musical) e Francisco Fernández Naval (no epitafio). No ano 2008 o monumento ampliouse e engadiuse unha chapa de aceiro con nomes de 141 persoas alí enterradas.
Outras observacións
É necesario un estudo a fondo da fosa e das vítimas para unha catalogación máis precisa

Fontes

Bibliografía

Hemeroteca