Ir ao contido principal
Localización
- Localidade
- Canido
- Concello
- Ferrol
- Provincia
- A Coruña
- Outras referencias
- O cemiterio xa non existe, polo que a fosa foi destruída
Características
- Nº persoas enterradas
- Estímase que no cemiterio poderían ter sido enterradas unhas 282 persoas vítimas da violencia golpista; necesidade de estudo para concretar cales delas foron enterradas na fosa común
- Tipoloxía do asasinato
- Paseo e execución
- Cronoloxía
- 1936-1939
- Outras referencias
- O número de vítimas enterradas sería un dos maiores do territorio galego, o que a convertiría, en consecuencia, nunha das maiores fosas de Galicia
Estado
- Intervención
- Parcial.
- Data da intervención
- 1966
- Memorialización e sinalización
- Existe unha inscrición en mármore que recorda aos trasladados ao cemiterio de Catabois no lugar no que agora se atopan enterrados.
- Outras observacións
- Desde a inauguración do cemiterio de Catabois deixouse de enterrar aos mortos no cemiterio de Canido de forma paulatina, ata que quedou clausurado o ano 1948. Desde ese ano 1948 comezouse a realizar o traslado de restos funerarios desde Canido ao cemiterio de Catabois nun proceso que durou case vinte anos, levándose a cabo o levantamento e o traslado de cadáveres ao novo cemiterio de forma moi pouco coidadosa e sen o debido control por parte do Concello e da Iglesia, quedando numerosos restos sen trasladar, perdéndose moitos dos cadáveres de persoas alí enterradas.
Arquivo
- Fichas individuais das vítimas en Nomes e Voces.
- Rexistro de defunción correspondente a cada vítima.
Bibliografía
- Suárez Martínez, Xosé Manuel, Guerra civil e represión en Ferrol e comarca, Ferrol, Concello de Ferrol, 2002