Ir ao contido principal

Fosas (2) de Filgueira Fosa en campo aberto

Posible situación da fosa

Investigación Histórica

En Nomes e Voces, están rexistradas dúas persoas anotadas como “descoñecidas” no rexistro de defuncións de Crecente, lugar del Filgueira. Ambas, foron inhumadas ao carón do río Miño, onde foran localizados os seus corpos. A evolución da canle do río, moito maior hoxe que na década de 1930 por mor da construción do encoro de Frieira a fins dos anos sesenta, así como a imposibilidade de saber con exactitude o lugar empregado para o enterramento destas persoas, fai inviable a súa exhumación.

Non obstante, hai que ter en conta dous factores a este respecto. O primeiro é que se realizaran máis asasinatos nun punto máis alto do curso do río, na provincia de Ourense, e que acabaran nun remanso próximo á zona de Filgueira, contemplando a posibilidade de que tamén seguiran o curso, non sendo atopados. O segundo, é que a aparición durante a intervención en San Pedro de Filgueira dunha cantidade maior de restos óseos -con posibles signos de violencia, á falta das probas forenses concluíntes-, revele que en efecto se puideron dar eses asasinatos e que, ademais, a cabeceira da igrexa de San Pedro de Filgueira se convertera nun lugar no que se realizaron diferentes enterramentos sen ningún tipo de rexistro ou control.

Fosa persoa 1

Descoñecido

Paseo

Home de 40 anos. Morto o 12 de setembro de 1936

Morte rexistrada na beira do río Miño en Filgueira-Crecente a causa de traumatismo por arma de fogo

Fosa persoa 2

Descoñecido

Paseo

Home de  30 anos. Morto o 30 de setembro de 1937

Morte rexistrada na beira do Miño en Filgueira-Crecente a causa de traumatismo.

Tech info

Location

Localidade
Filgueira
Concello
Crecente
Provincia
Pontevedra
Outras referencias
Trátanse de dúas fosas individuais ao carón do río Miño. Actualmente atópanse asolagadas debido ao incremento do caudal fluvial, polo que son irrecuperables.

Features

Nº persoas enterradas
2
Ambas anotadas como descoñecidas no rexistro de defuncións do concello de Crecente.
Tipoloxía do asasinato
Paseo
Cronoloxía
1936, 1937
Outras referencias
Non existe posibilidade de intervención.

Status

Intervención
Non
Propiedade do terreo
Pública

Sources

Archive

  • Rexistro de defunción das vítimas enterradas á beira do Miño, ambos inscritos sen nomes nin apelidos.