Fosa do cemiterio de Santa Eulalia de Vilacoba Fosa en cemiterio
Escavación na fosa cómun do cemiterio antigo de Vilacoba (Lousame) para localizar e identificar os restos das vítimas da violencia do golpe de Estado, da retagarda e da guerra civil de 1936.
Investigación histórica
As investigacións previas, levadas a cabo polo grupo de investigación Histagra, sobre as vítimas e o espazo indicaron, nun primeiro momento, a posibilidade de atopar cinco persoas enterradas: Manuel García Hermo, Perfecto Félix Vilas Romero, seu irmán, Antonio, María Josefa Becerra Laíño e Avelino Méndez Suárez. Todas elas foron asasinadas a consecuencia de "paseos" en diferentes momentos da retagarda: a finais de agosto de 1936, a finais de febreiro de 1938 e cara o final da guerra. Recompilamos información sobre o contexto das súas mortes, os seus verdugos e os seus enterramentos; con todo, as informacións obtidas sobre o último punto foron as máis incertas. Como consecuencia, descoñeciamos se estaban todos eles enterrados nunha mesma fosa ou área dentro do cemiterio. As diferentes zonas susceptibles de localización da fosa estaban situadas á marxe esquerda da porta de acceso principal. En todas elas se levaron a cabo sondaxes e intervencións, por parte do equipo arqueolóxico, grazas a un traballo previo e coordinado de todo o equipo no que foron clave as investigacións de Nomes e Voces, de historiadores locales como Xerardo Agrafoxo, xunto coa colaboración de asociacións da memoria e dos familiares.
Investigación arqueolóxica
A intervención arqueolóxica levada a cabo por "Tempos Arqueólogos" executouse en 4 sectores diferentes. Os resultados negativos na primeira área demandou abrir novos espazos, incluso con ampliacións, nos que se recuperaron e exhumaron os restos dun individuo adulto, de sexo masculino e de mediana idade, que podría ser coincidente con Manuel García Hermo. A nivel arqueolóxico non se pode concluír que ditos restos, sexan dunha vítima da guerra civil, pero tampouco se pode descartar ata unha análise minuciosa por parte do equipo de antropoloxía forense e xenética. Posteriormente, procedeuse a escavar outros dous sectores nos que non se identificaron indicios de fosas de inhumación. A pouca potencia do sustrato antes da aparición do nivel xeolóxico imposibilita enterramentos na zona sur do cemiterio (salvo tumbas escavadas sobre o propio sustrato xeolóxico).
Análise forense
O estudo realizado pola Unidade de Antropoloxía Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia, permite confirmar que no cemiterio parroquial de Vilacoba (Lousame) -na UE206- localizamos un enterramento clandestino dun varón adulto xoven (20-40 anos) que presenta sinais de violencia na cabeza (restos de proxectil de arma de fogo impactados nos fragmentos cerebrais conservados). O estudio xenético permitiu excluir que os restos pertenzan a Manuel García Hermo, dada a incompatibilidade dun total de 12 marcadores.
O estudio realizado, por tanto, confirma que no lugar onde hemos atopado os restos (UE206) non se localizaron os de Manuel García Hermo, pero é un lugar de memoria, aos efectos do contenido nos artigos 49 a 53 da vixente Ley de Memoria Democrática.
Análise xenética
Os restos óseos foron sometidos á análises de ADN no Laboratorio Laboratorio de Xenética Forense da USC. O estudio xenético permitiu excluír que os restos pertenzan a Manuel García Hermo, dada a incompatibilidade nun total de 5 e 7 marcadores xenéticos, analizados en dous restos óseos diferentes
Memorialization of victims and slot
A continuación amosamos as accións levadas a cabo para a memorialización e significación da fosa e das vítimas na procura de difundir e transferir públicamente o coñecemento do noso pasado.
Tech info
Location
- Localidade
- Vilacoba
- Concello
- Lousame
- Provincia
- A Coruña
- Outras referencias
- Algúns testemuños orais de veciños locais sinalan que onde enterraban aos "paseados" era na marxe dereita da porta principal (lugar onde é inviable unha escavación debido á existencia de tumbas privadas)
Features
- Nº persoas enterradas
- 5
Manuel García Hermo
Perfecto Félix Vilas Romero
Antonio Vilas Romero
María Josefa Becerra Laíño
Avelino Méndez Suárez - Tipoloxía do asasinato
- Paseo
- Cronoloxía
- 1936-1939
Status
- Intervención
- si
- Data da intervención
- 2022
- Entidade promotora
- Secretaría de Estado de Memoria Democrática, Xunta de Galicia e Universidade De Santiago de Compostela
- Propiedade do terreo
- Eclesiástica
- Memorialización e sinalización
- Sen memorialización nin sinalización
- Outras observacións
- Á espera de poder cotexar o adn dos familiares de Manuel García Hermo cos restos atopados na fosa
Sources
Archive
- Ficha persoal de Manuel García Hermo en Nomes e Voces.
- Ficha persoal de Perfecto Félix Vilas Romero en Nomes e Voces
- Ficha persoal de Antonio Vilas Romero en Nomes e Voces
- Ficha persoal de María Josefa Becerra Laíño en Nomes e Voces
- Ficha persoal de Avelino Méndez Suárez en Nomes e Voces
- Arquivo Municipal de Lousame (AML), Rexistro de defunción de Manuel García Hermo.
- AML, Rexistro de defunción de Perfecto Félix Vilas Romero.
- AML, Rexistro de defunción de Antonio Vilas Romero.
- Arquivo municipal da Pobra do Caramiñal, Expedientes de recrutamento (1919).
- Arquivo do Reino de Galicia, Expediente 51335/7, “Causa formada polo xulgado de Noia sobre a aparición do cadaver dun home descoñecido que resultou ser Manuel García Hermo”.
- Fundación Luís Tilve, Rexistro de filiacións da UGT.
- Arquivo Intermedio Militar del Noroeste, Causa 456/36
- Acta de nacemento de Manuel García Hermo, doazón familiar
- Rexistro civil de Lousame, Certificado literal de inscrición de defunción.
Bibliography
Xerardo Agrafoxo Pérez, A Guerra civil en Lousame e Noia: 1938-1939: o tripe crime de Marselle, a traxedia do Baleares,Lousame: Concello de Lousame, 1999.
Xerardo Agrafoxo Pérez, 1937, a guerra civil en Lousame e Noia: o fusilamento de David Mariño Ramos (Presidente da C.N.T., Lousame: Concello de Lousame, 1997
Xerardo Agrafoxo Pérez, 1936, a guerra civil en Lousame e Noia: testemuñas dunha represión, Lousame: Concello de Lousame, 1995.
Elixio Villaverde García, Heroes e mártires. A Segunda República e a guerra civil no Barbanza, Santiago de Compostela: Tórculo.
Xesús Costa Rodil e Xesús Santos Suárez, Do Sar o Monte Louro. Memorial da represión, 1936-1050, A Coruña: Deputación da Coruña, 2019.
Xesús Pérez Besada, “Aspectos da represión franquista no concello de Ribeira (1936-1939)”, Barbantia, nº 2 (2006), pp. 121-131.
José Antonio Pérez Fernández, “Voces da memoria, Ribeira da II República á represión”, Barbantia, nº 2 (2006), pp. 132-141.
José Antonio Pérez Feenández, “Guerra civil e represión nos concellos da Pobra do Caramiñal e Ribeira”, en VVAA, Actas das III Xornadas de Historia e Cultura. A II República e a guerra civil na bisbarra da Barbanza, Porto do Son: concello do Porto do Son, 2004, pp. 39-48.
José Antonio Pérez Fernández (Ed.), Diarios de Julio Silva, Ribeira: CRMHB, 2019.
Newspaper archives
- «Cinco fusilados en enero de 1937 serán homenajeados». Diario de Arousa, 25-01-2013.